O TSXG celebra o luns a apelación pola codena a un home a 22 anos de cárcere por matar á súa nai e incendiar a casa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O Tribunal de Xustiza de Galicia (TSXG) celebra o luns, día 29, ás 11,00 horas, a vista de apelación contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña, que, de acordo co veredicto do tribunal de xurado, condenou a un home a 22 anos e medio de cárcere por estrangular á súa nai e incendiar o domicilio familiar en Oroso en xuño de 2021.

Será despois de que un xurado considerase ao acusado culpable dun delito de asasinato, polo que se lle impuxo unha pena de 17 anos de prisión, e dun delito de incendio con risco para a vida ou integridade física das persoas, cunha condena de cinco anos e seis meses.

Na sentenza, o maxistrado presidente relata que o condenado aproveitou que a súa nai estaba na cama para asfixiala utilizando unha peza de roupa, "probablemente unha camiseta, que enrolou no seu pescozo e apertou, durante uns minutos, ata causarlle a morte". "Tras acabar coa vida da súa nai, procedeu a prender lume ao domicilio", engade, as chamas estendéronse pola vivenda "e puideron propagarse polo resto de pisos do edificio".

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta