18F.- Ana Miranda desprázase ata Suiza en busca dos votos dos galegos emigrados

Mencionou diversas propostas do Bloque para dar resposta ás necesidades da colectividade galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2024 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo este sábado un encontro coa comunidade galega de Suíza, á que animou a apostar polo cambio en Galicia dando o seu apoio ao Bloque para que Ana Pontón "sexa a próxima presidenta da Xunta".

"Se o BNG alcanza o goberno da Xunta temos o firme propósito de prestar especial atención aos problemas da nosa emigración na Suíza para resolver, despois de moitos anos, as peticións que a comunidade galega continúa a reclamar", manifestou.

Ana Miranda mencionou diversas propostas do Bloque para dar resposta ás necesidades da colectividade galega. Así, comentou que se o BNG goberna prestará máis atención ás dificultades que teñen os galegos para homologar os títulos de Formación Profesional, para reducir os "longos tempos" que pode durar o proceso de homologación.

"É necesario resolver esta dificultade que empeora a entrada dos galegos no mercado laboral suízo", sinalou no transcurso do acto, no que tamén participou o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez; e representantes de diferentes asociacións culturais de Suíza.

A eurodeputada nacionalista considerou "fundamental resolver tamén os problemas relacionados coa xestión da documentación, a información laboral e o acceso ás diferentes axudas", polo que defendeu que a Xunta de Galicia cre que unha oficina permanente e física que poida asesorar á Comunidade galega "dunha maneira máis próxima, máis rápida, máis humana e na nosa lingua".

Doutra banda, Miranda subliñou que a Xunta debería prestar atención ás demandas do colectivo de persoas emigrantes en materia fiscal. Neste sentido, defendeu que o Goberno galego debe facer unha reclamación "decidida" ao central para "acabar coa discriminación fiscal que sofren os emigrantes galegos que, no caso de retornar, están obrigadas a ter unha dobre tributación, da mesma maneira que sofren tamén un trato "diferente" no que ten que ver no importe exento da declaración da renda.

CUMPRIR CO APROBADO

"Desde o BNG, ademais de comprometernos a prestar atención as demandas da comunidade galega Bruxelas tamén nos comprometemos a cumprir os acordos aprobados, non como actualmente fai o PP", manifestou a eurodeputada nacionalista.

Díxoo en referencia á aprobación por parte do Parlamento galego de realizar os trámites necesarios para que a CRTVG emita a través das súas canles dixitais con cobertura dixitais con cobertura internacional, así como permitir o acceso gratuíto á sanidade pública aos galegos retornadas que non cotizasen nin en Galicia nin en España.

Acto do BNG en Suíza, con Ana Miranda. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Acto do BNG en Suíza, con Ana Miranda. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta