O bono deportivo galego supera as 111.000 descargas en menos dun mes de estar activo

En total, entre todas as operacións realizadas, o gasto ascende a 7,6 millóns de euros entre os 703 establecementos adheridos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/01/2024 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O bono deportivo galego, destinado a nenos de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no programa 'Xogade', supera as 111.000 descargas en menos dun mes desde o inicio da campaña. Segundo informou a Xunta, en total, entre todas as operacións realizadas, o gasto ascende a 7,6 millóns de euros entre os 703 establecementos adheridos (456 comercios e 246 clubs). Así, preto dun millón de euros dese total corresponden a operacións realizadas en establecementos da provincia de Ourense.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este mércores uno dos establecementos adheridos en Ourense para supervisar o funcionamento do Bono Deporte. O obxectivo do bono é axudar ás familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos de 6 a 16 anos federados ou no programa 'Xogade'. Cada neno recibe 120 euros para a adquisición de material e equipamento deportivo ou a realización de actividades deportivas, tratándose dun desconto do 80 % nos gatos ata alcanzar eses 120 para cada caso.

Varios nenos xogan ao fútbol nun patio de colexio, a 25 de outubro de 2021
Varios nenos xogan ao fútbol nun patio de colexio, a 25 de outubro de 2021 | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta