O rexedor de Ferrol pídelle ao BNG que reconduza as posicións soberanistas

"Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e hai que priorizar os dereitos sociais", apunta Jorge Suárez para que animar aos nacionalistas a integrarse nunha gran lista popular.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 16/08/2015 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

O rexedor de Ferrol, Jorge Suárez, é outra das voces institucionais que se suma a unha gran lista popular para as xerais do outono. E, de freito, cre que hai que aprender da experiencia de AGE, "un acordo de último minuto que foi exitoso electoralmente pero ao que lle faltou estabilidade e continuidade", dixo.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Por iso, e para evitar que se volvan repetir fracasos electoriais, pídelle ao resto de formacións, especialmente a BNG e Podemos, altura de miras para formar parte desa gran candidatura que poida ser o xerme dunha Marea galega.

Para iso considera de vital importancia chegar a acordos desde a base tal e como quedou establecido na xuntanza que o pasado xoves mantiveron representantes de ata 40 listas populares que se presentaron as pasadas eleccións locais.

Neste sentido, confía en que os nacionalistas se apunten ao proxecto aínda que recoñece que é máis complexo porque seguen pedindo "que rompan os lazos coas organizacións estatais".

Por iso, pediulle aos nacionalistas que reconduzan as súas posicións soberanistas. "Ese debate soberanista está agora superado polo momento histórico que vivimos e ai que priorizar os dereitos sociais", dixo. "Confío en que o BNG reconduza os seus posicionamentos sobre todo de cara ás eleccións autonómicas nas que o acordo vai ser fundamental", engadiu.

Jorge Súarez Fernández
Jorge Súarez Fernández | Fonte: Ferrol en Común

Nunha entrevista na Cadena Ser, Súarez dixo que para a consolidación desa gran marea vai ser moi importante o balance de xestión que presenten alcaldes como el ou os da Coruña e Santiago. "vai ser esencial para que se vexa que hai un proxecto de futuro", dixo.

Tamén se referiu ás subvencións para a organización da Semana Santa de Ferrol e dixo que aínda non hai nada decidido e que o que se pretende é revisar ese modelo de axudas para facelo "máis transparente e abrilo a toda a sociedade". "Para que non só a igrexa, que ten potencial económico suficiente, se beneficie destas axudas senón tamén outros sectores como a hostalaría e o comercio", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

17 Galego Ceibe

Aí este rapaz!! Ferrol,sempre unha desfeita. Por qué non temos unha cidade próspera? Primeiro os da seita UPG gaseando a ría e agora o español mediocre este.

16 Un que sabe

Calqueira parecido de Ferrol en Común coa Marea Atlántica e con Compostela Aberta e pura coincidencia

15 Valdoviño

Sr Suárez: Exerza vostede de Alcalde e deixe de ser o monicreque de Beatriz Sestayo

14 Arenga

Colonialismo espanhol em estado puro.

13 Canceleiros

Repito: Jorge Suárez, mellor goberna Detroit...digo Ferrol e sobre o que teñen que facer os outros partidos, pois qué che digo...cala a boca que a ninguén lle importa a túa opinión, agás aos teus parroquiáns. Se o bng "desaparece" polo seu soberanismo, pois sexa pero que veñades vendendo esa posición de negociado é unha vergoña. Pero qué pensas ti q é a soberanía mais que recuperar poder de decisión?