Dous veciños da Merca estafan 90.000 euros a un home de Friol con vendas falsas de coches

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/02/2024 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a dous veciños da Merca, de 34 e 42 anos, por estafar 90.000 euros a un home de Friol con varias compras de vehículos. Segundo informal a Garda Civil nun comunicado, no marco da operación 'Manchica' detívose o 30 de xaneiro a estes dous individuos pola súa presunta implicación en delitos continuados de estafa, usurpación de estado civil e falsificación de documento mercantil.

Os feitos delituosos inícianse no ano 2018 e alónganse durante un lustro, tempo en que os autores conseguen estafar unha importante cantidade de diñeiro a un veciño de Friol na compra de varios vehículos. Unha vez en poder dos detidos a documentación do potencial comprador usaban estes datos para usurpar a identidade do prexudicado en transaccións de compravenda de turismos de segunda man, así como a falsificación de documentos mercantís en aras de obter novamente un beneficio económico en futuras transaccións.

No marco da investigación policial, compróbase que os detidos embaucaron ao prexudicado utilizando diferentes artimañas, enganos e ameazas veladas para conseguir que realizase achegas económicas de diferentes importes. Destacan unhas poxas "inexistentes" de bens mobles. Os detidos foron postos a disposición do xulgado de primeira instancia de instrución de Celanova o pasado mércores, que decretou a liberdade con cargos.

Coches usados ou de segunda man
Coches usados ou de segunda man | Fonte: GANVAM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta