Yolanda Díaz cos traballadores en Ferrol: "Con PSdeG e BNG, Rueda está tranquilo"

Lois comprométese a negociar unha coalición con nacionalistas e socialistas se Rueda é derotado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, recalou este primeiro sábado electoral para o 18 de febreiro na súa terra natal para levantar a bandeira sindical e feminista. Aos traballadores e ás mulleres dirixiuse para, especialmente, que se mobilicen e acudan ás urnas e advertiu de que ocorre "igual" que o 23 de xullo, Sumar é a pata do "cambio". "Con PSdeG e BNG non chega, así Rueda está tranquilo", salientou.

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, no mitin de Ferrol no segundo día de campaña electoral, xunto a Marta Lois, Íñigo Errejón e Jorge Suárez
A líder de Sumar, Yolanda Díaz, no mitin de Ferrol no segundo día de campaña electoral, xunto a Marta Lois, Íñigo Errejón e Jorge Suárez | Fonte: RAÚL LOMBA-EUROPA PRESS

"Pídovos o voto a Marta Lois, que concentredes o voto en Sumar como fixestes o 23 de xullo para poder gañar a Xunta. Non me crían que eramos a forza decisiva para ter un goberno de coalición progresista", apelou Yolanda Díaz, quen advertiu: "Se Sumar non sacase o resultado que sacamos, hoxe sería presidente Feijóo e vicepresidente Abascal".

Por iso, Díaz salientou que "votar a Sumar". "Agora mesma a Xunta de Galicia pasa polo mesmo, exactamente o mesmo. Non chega con PSdeG e Bloque, así Rueda está tranquilo. Votade a Sumar, votade a Marta Lois", apelou. Yolanda Díaz chamou a "anticipar a primavera" para "poder sorrir con esperanza por un futuro en Galicia e un futuro mellor". "Porque queremos un país no que os nosos fillos non teñan que emigrar, porque o país do PP regala maletas aos mellores expedientes académicos", incidiu Díaz.

MARTA LOIS

Pola súa banda, a cabeza de lista de Sumar Galicia, Marta Lois, explicou este sábado, segundo día da carreira electoral a convicción de que a formación laborista conseguirá entrar no Parlamento de Galicia e, non só, iso, afirmou: "Se deixamos a Rueda fóra, comprométome o primeiro día a negociar unha coalición".

Lois é a candidata que con máis claridade abordou un eventual goberno de coalición, como o do Estado, e a primeira que introduciu esta cuestión nun mitin electoral, a un día de que as tres forzas políticas coincidan na manifestación en defensa da sanidade pública, en Santiago de Compostela. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

As mesmas persoas que, o 23 de xullo, foron votar Yolanda Díaz para frear unha coalición fascista, han saber o 18 de febreiro cal é a alternativa ao PP.

1 Moine

Com quem estám tranquilos é contigo. Umha pergunta: Quem financia a Sumar?. Ai está a razom da sua existência. Podemos nom pediu, nem pede um euro à Banca para que lhe financie a campanha política; nom esqueçamos o seu famoso “crowfunding”, fórom os simpatizantes e o seus militantes quem lhe entregavam uns pouco euros para assi financiar a sua campanha. Quando a Banca che da dinheiro e depois nom exige que lho devolvas, significa que és um peça política d’eles. E sigo perguntando: Quem financia a Sumar?