Sombras chinesas

Sete anos despois, cunha sensibilidade máis serena e acompañado por un suxestivo desenvolvemento gráfico de Pedro Villarejo, Kike Benlloch recupera o universo fantástico que creara para a novela gráfica Cuimnhe: "El fuego distante".

Por Elipses e sombras - Eduardo Maroño | A Coruña | 18/08/2015

Comparte esta noticia

Eduardo Maroño
Eduardo Maroño

Non foi así. Hai poucas semanas Benlloch presentaba Cuimnhe: La deuda, un pequeno comic-book coidadosamente autoeditado que engade un novo capítulo á biografía do personaxe. En apenas dezaseis páxinas, La deuda explora simultaneamente a mocidade e a madurez de Cuimnhe, sustentándose nos elementos orientais presentes xa no volume precedente. A espiritualidade e habelencia coa espada da protagonista achegábana á figura do samurai, ao que se engade agora un argumento que xira en torno a conceptos como a honra ou o sentido do deber. A épica e a aventura deixan paso a un relato máis pausado, sen elementos fantásticos relevantes e que pretende ante todo perfilar o carácter do personaxe principal. Sen grandilocuencia nin efectismos, Benlloch fai discorrer en paralelo as dúas liñas temporais ata que se pechan dunha forma natural.


Non se pode pasar por alto a decisiva contribución de Pedro Villarejo, debuxante de trazo rexo e pouco dado ao ornamento co que Benlloch colaborara xa en Anónimo e que tiña ante si o difícil reto de substituír a Domingo. Segundo el mesmo confesou, ningún dos deseños preliminares do personaxe lle resultaba convincente e só se sentiu capaz de debuxar a historia cando se lle ocorreu imitar a aparencia dos teatros de sombras chinesas, siluetas negras que se proxectan sobre un fondo máis claro. A solución engaiola non só pola súa sinxeleza e encanto, senón pola perfección con que recolle e potencia o espírito do relato.
 

 

 

Eduardo Maroño
Eduardo Maroño

Con Cuimnhe: La deuda Benlloch e Villarejo engaden unha elegante coda ao relato orixinal. Tería atopado acubillo un cómic destas características nunha editorial convencional? Dificilmente. Hai xa tempo que a autoedición deixou de considerarse un paso previo á edición convencional para xustificarse coma un fin en si mesmo. A liberdade creativa e o control dos autores sobre o produto final son algúns dos motivos que explican o auxe actual desta corrente e traballos coma o que nos ocupa ofrecen unha boa mostra das súas posibilidades.



 

Eduardo Maroño

Coruñés, do Barrio de Monte Alto, vai para dez anos que escribe sobre cómics en lugares diversos: no seu blog Un ollo de vidro, na páxina culturagalega.org, onde asina a columna Paisaxes de papel, no xornal Praza Pública, e tamén en Galicia Confidencial. Este será un espazo para falar de banda deseñada, as súas obras e os seus autores, de Galicia e do resto do universo.

Le máis artigos de Eduardo Maroño aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA