Denuncian que Educación enviou aos centros unha carta para que o profesorado participe nun acto electoral do PP

A CIG di que mesmo altos cargos da Consellaría, como a directora xeral de FP, terían chamado ás direccións dos CIFP (profesorado posto a dedo como cargos de libre designación) para animar á participación do profesorado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/02/2024 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

"Asunto: Acto sectorial de Educación sábado 10 /01/2024, baixo o título "Galicia, a educación que funciona: do presente ao futuro" que clausurará o Presidente, Alfonso Rueda Valenzuela.

O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reúnese cos reitores das universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Ricardo Cao (A Coruña).. PPDEG
O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reúnese cos reitores das universidades públicas galegas: Antonio López (Santiago), Manuel Reigosa (Vigo) e Ricardo Cao (A Coruña).. PPDEG

! ATENCIÓN: Este correo electrónico orixinouse fóra da organización. 

Non prema en ligazóns nin abra arquivos achegados no correo a menos que recoñeza o remitente e saiba que o contido é seguro. 

Boa tarde compañeiros/as:

O vindeiro sábado 10 de febreiro ás 10.30 h, o Partido Popular de Galicia

celebrará un acto sectorial de *Educación*, baixo o título "_Galicia, a

educación que funciona: do presente ao futuro_" que clausurará o

Presidente, Alfonso Rueda Valenzuela".

 

Esta é a mensaxe recibida nas direcións dos centros educativos nos últimos días. Unha mensaxe que a CIG-Ensino denuncia como electoralista xa que di que cargos da Consellaría están a convidar o profesorado a un acto de partido sobre educación este sábado "xogando á confusión político-institucional".

"Por vez primeira o partido no goberno enviou un convite por correo-e aos centros educativos animándoos a participar nun acto electoral o vindeiro sábado centrado na educación. Mesmo altos cargos da Consellaría, como a directora xeral de FP, terían chamado ás direccións dos CIFP (profesorado posto a dedo como cargos de libre designación) para animar á participación do profesorado", din desde a central sindical. Estas chamadas están xerando confusión xa que algúns docententes pensan que se trata dunha xornada de formacijón.

De feito, a CIG asegura que na transmisión que deu nalgúns casos hai "unha calculada confusión á hora de indicar se é un acto do PP ou un dos habituais eventos da Consellaría nos que non cesa de gastar cartos desde hai anos". De feito, a central sindical asegura que é a primeira vez que o PP manda un correo deste tipo ás direccións dos centros en campaña electoral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta