Unha liorta con gas pementa deixa tres persoas feridas en Lugo

Ata o lugar desprazáronse varias patrullas de Policía Nacional apoiados por axentes de Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2024 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Tres mulleres tiveron que ser atendidas este luns polos servizos sanitarios en Lugo afectadas por gas pementa empregado nunha pelexa entre dúas familias de orixe romanesa.

A liorta tivo lugar ao mediodía no Centro Comercial as Termas e nela víronse implicados varios membros de dúas familias que, segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras, manteñen un enfrontamento e xa protagonizaron outras pelexas. Xunto cos adultos atopábanse varios nenos.

Ademais dos berros e golpes, na liorta empregouse un spray de gas pementa, co que foron asperxidas na cara tres mulleres. Tras ser asistidas por persoas que se atopaban no propio centro comercial, o tres foron atendidas posteriormente por persoal sanitario do 061 e trasladadas ao HULA para valorar o seu estado.

Ata o lugar desprazáronse varias patrullas de Policía Nacional apoiados por axentes de Policía Local.

Policía Nacional
Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta