Feijóo di, agora, que non tardou "nin un día en descartar" os votos de Junts cando anunciara reunirse con este partido

Móstrase a favor da "reconciliación" en Cataluña, pero non da "impunidade", e rexeita "cualificar" os delitos de terrorismo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2024 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, contou este sábado que o pasado verán Junts ofreceulle os seus sete votos no Congreso para investilo presidente do Goberno "a cambio da amnistía" para os líderes do 'procés', pero que non tardou "nin un día" en descartalo.

"Aceptar unha amnistía a favor duns políticos rompe o principio de igualdade das leis que soporta o PP como partido de Estado", explicou a continuación, durante a súa intervención nun comida-mitin en Sarria (Lugo). A de amnistía, asegurou Feijóo, é unha lei "ilegal" porque "non cabe na Constitución". É máis, asegurou que para el era "sempre unha liña vermella", mentres que para para Pedro Sánchez "foi unha oportunidade" para seguir na Moncloa.

Neste contexto, lamentou que o presidente do Goberno leve "cinco meses a marteladas" tratando de "encaixar a amnistía" na lexislación europea e "insultado a todo o mundo" que está na súa contra.

REXEITA "CUALIFICAR" O TERRORISMO

Así mesmo, na mesma semana na que os fiscais do Tribunal Supremo decidiron que si van investigar a Carles Puigdemont por terrorismo na causa de 'Tsunami Democratic', o líder do PP rexeitou ser el o que "cualifica" o ocorrido como un delito de terrorismo. "Iso corresponde a fiscais e xuíces", advertiu, para recalcar que eles "saben moito máis" sobre iso.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin en Sarria
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun mitin en Sarria | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta