Feijóo ironiza: "Resulta que Pontón que leva máis 20 anos de deputada é agora a novidade"

Cre que Sánchez "traballa para" Pontón porque "prefire aniquilar" ao PSOE antes de que goberne o PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2024 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este sábado que o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, "traballa para" a candidata do BNG, Ana Pontón, na campaña para as eleccións galegas do próximo domingo, 18 de febreiro.

E é que Sánchez, dixo, "abandonou" ao candidato socialista á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, porque "prefire aniquilar o seu partido", algo que xa ocorreu "na maioría" de comunidades autónomas o ano pasado, con tal de que o PP "non goberne". Desta forma, o PSdeG-PSOE vai traizoar aos seus, porque "a maioría" dos votantes socialistas "non queren que goberne unha nacionalista" na Xunta.

Alberto Núñez Feijóo retomou este sábado a súa caravana particular e paralela á de Alfonso Rueda nesta campaña do 18F e ofreceu un mitin-comida ante centos de persoas en Sarria (Lugo), precisamente municipio de orixe da líder e candidata do BNG. Ali, atacou a Pontón cos "20 anos" que leva como deputada, máis que os 17 que estivo el entre 2005 e 2022 no Parlamento de Galicia. "E agora resulta que é a novidade", ironizou a continuación.

E é que, en palabras de Feijóo, o actual BNG é "o de sempre". Para iso, puxo como exemplo o acto do venres, no que Pontón recibiu o apoio do histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, fundador de Anova tras escindirse do Bloque fai máis dunha década.

Disto tamén se serviu para atacar á vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz: "Beiras marchou do BNG; despois fíxose amigo de Yolanda Díaz e Pablo Iglesiaas; despois montaron as Mareas e Sumar; e despois están a desmontar todo o que montaron e Yolanda Díez di que se presenta co nome de Sumar". "Como van gobernar Galicia uns que nin se gobernan entre eles?", preguntouse.

BNG, ERC E BILDU

Feijóo alertou de que o BNG, do que as enquisas vaticinan que se consolidará como segunda forza, está "en contra" da Constitución, do Estatuto de Autonomía, da UE "e de todo o que se lles poña por diante".

Non en balde, Feijóo lembrou que nos comicios europeos o BNG concorre na mesma papeleta que ERC e EH Bildu e que o mes pasado unha delegación dos nacionalistas galegos participaron en Bilbao na concentración a favor dos dereitos penais dos presis de ETA.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, durante unha comida de campaña do Partido Popular, en Sarria
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, durante unha comida de campaña do Partido Popular, en Sarria | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

Efectivamente Pontón cumprirá os 20 anos de Parlamentaria o Dia de San Valentín ! Pero en Vigo temos unha parella que leva xa 17 anos facendo o que lle peta e ninguén se mete con eles... Nin siquera cando convirten o Entroido na súa Campaña Particular (cos cartos de tódolos vigueses) // https://xornaldevigo.gal/politica/1... // Que deben estar pensando os traballadores de Vitrasa que levan 78 día en Folga Indefinida (e 3 anos cos soldos conxelados) cando ven ao alcalde en Modo Entroido e nin siquera foi quen de Recibilos e ademáis Carmela os expulsou do Salon de Plenos ! Unha broma con moi pouca gracia ni Meco nin Ostias !

1 Jaja

Qué comentario potenciado da farándula españolista. Tensións o voto do PP como fai Vox tensionando o voto dos votantes PSOE (irrupción no mitin) que se lle van ao nacionalismo. Fantoches españolistas e Fantoches comentaristas, non podedes parar a historia

2 Gamela

Seica estes tamén son de Vox... https://twitter.com/vitraseiros/sta... Fantoches hainos en todas partes e algúns mesmo pretenden escribir a Historia. Non esquezas que para Abel Caballero a Folga de Vitrasa está manipulada pola CIG e por Ana Pontón (sic) Fartouse de dicilo no seu programa de televisión... Fantoches temos bastantes por desgracia !

3 Jaja

O show do estado na Galiza, do que formas parte