GC Aberto

Non lles votes

A indemnización que se pactou foi en diferido… en forma de simulación… ou do que fose. Pode vostede estar seguro, e poden estar seguros todas as persoas que nos están vendo que lles estou dicindo a verdade : o réxime iraquí ten armas de destrucción masiva (máis de 600.000 mortos).

Por admin | Ferrol | 12/02/2024

Comparte esta noticia

Francisco Maceira, xubilado da Armada

Muller depositando o seu vota en urna durante as pasadas eleccións galegas
Muller depositando o seu vota en urna durante as pasadas eleccións galegas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Falei co meu curmán, que é catedrático, e o cambio climático non é un gran problema mundial.

Non o  recordo Señoría. 

A persoa pola que vostede se interesa xa non pertence ó Partido Popular.

Controlaremos a Sala Segunda dende detrás.

Os de IKEA debéronse de esquecer un millón de euros no meu faiado.

Ninguén sabía nese momento que Marcial Dorado era narcotraficante. Contrabandista pode. Creo que non fun a Andorra con él. Parece ser que eran os Picos de Europa. So recordó que había neve. Moita neve.

Luis sé forte. Facemos o que podemos.

É esencial que Israel gañe a guerra e que a termine ben (30.000 palestinos mortos, a maior parte mulleres e nenos).

Era mi marido el que llevaba las cuentas.

M.Rajoy: Non coñezo a M.Rajoy.

Os que idearon os atentados terroristas do 11 de marzo non están en desertos remotos nin en montañas afastadas. 

O Yack 42 é o modelo máis  seguro.

Saen uns fiiños , catro en concreto, regueiros solidificados con aspecto de plastilina.

De verdade que non o recordo Señoría.

Borrado múltiple, raiado  e marteladas a discos duros forman parte do protocolo habitual.

A fiscalía afínacho.

Non sabía que o meu home tiña un Jaguar. É que baixo pouco polo garaxe.

Vendex, sin facer nada, dan uns regalos da hostia.

Todo é mentira, salvo algunha cousa.

Os pellets entran por onde entran e saen por onde saen.

Se realmente amas Galiza. Se queres á túa terra, non lles votes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta