A animación galega segue no máis alto tras o Goya a 'To be or not to be'

A actriz Janet Novás obtén o de Mellor Actriz Revelación e Matria queda sen o premio para María Vázquez como Mellor Actriz Protagonista.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 11/02/2024 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Mellor Actriz Revelación para Janet Novás polo seu papel na película de Jaione Camborda 'O Corno' e Mellor Curtametraxe de Animación para 'To be or not to be', dirixida por Martín Romro e producida por Chelo Loureiro, puxeron o acento galego na 38 edición dos Premios Goya, celebrada este sábado en Valladolid, e na que María Vázquez (Matria) quedou sen premio a Mellor Actriz Protagonista.

Unha nerviosa Janet Novás, que apenas podía soster o papel no que apuntara todo o que non se podía esquecer ao recibir o galardón e que esgotou o minuto que outorga a organización para dedicatorias, lembrou nas súas palabras ás súas avoas Carmen e Saladina, que eran mulleres "salvaxes e sabias" ás que este recoñecemento pon en valor.

Pola súa banda, o filme de Martín Romero, 'To bird or not to bird', superou a 'Bolseiras', de Mariña Cortón, Mariña Donderis e Núria Poveda; 'Todo ben', de Diana Acién Manzorro; 'Todo está perdido', de Carla Pereira e Juanfran Jacinto; e 'Txotxongiloa', de Sonia Estévez.

Na súa intervención, Martín Romero mostrou o seu agradecemento a todo o equipo da película e aos produtores, entre eles Chelo Loureiro, que este sábado recolleu o seu terceiro Goya consecutivo. "Subir por terceiro ano consecutivo a recoller un premio Goya é absolutamente incrible. A animación é cinema. Grazas Academia e grazas aos catro cineastas que fixeron os outros curtos, que son fantásticos. Dar as grazas tamén aos meus amores, tres mozos que coa educación que teñen creo que non van acosar a ningunha muller, van ser compañeiros", manifestou Chelo Loureiro.

A actriz Janet Novás recolle o premio a Mellor Acriz Revelación durante a gala da 38 edición dos Premios Goya / José Oliva - Europa Press / Europa Press
A actriz Janet Novás recolle o premio a Mellor Acriz Revelación durante a gala da 38 edición dos Premios Goya / José Oliva - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta