Lois eleva a "cinco" as persoas coa que cada simpatizante de Sumar ten que convencer para o "cambio"

Pide a Feijóo "explicacións" polas propostas de amnistía a Puigdemont.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2024 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta, Marta Lois, elevou a "cinco" o número de persoas ás que cada un das persoas simpatizantes da formación ten que convencer para que haxa "cambio" no goberno o próximo 18 de febreiro.

A unha semana da cita coas urnas, e tras unha repartición de propaganda electoral en Noia, Marta Lois protagonizou un mitin no teatro Elma, na Pobra do Caramiñal, un dos municipios conquistados polas 'mareas' e cuxo ex alcalde e actualmente concelleiro, Lois Piñeiro, forma parte da candidatura.

Lois estivo arroupada polo ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, nun mitin no que, precisamente, os protagonistas fixeron fincapé na axenda social do goberno, con actuacións como a reforma laboral ou a subida do salario mínimo interprofesional. Lois, nun día no que transcenderon varias enquisas, subiu a 'aposta' e pediu que non sexan tres, senón "cinco" as persoas á que hai que convencer.

(E-D) O exalcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois, a candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta, Marta Lois, o ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, e o número 6 na lista de Sumar pola Coruña
(E-D) O exalcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois, a candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta, Marta Lois, o ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, e o número 6 na lista de Sumar pola Coruña | Fonte: Lola. Elena Fernández - Europa Press

"É evidente que conforme pasan os días, aumenta o nerviosismo no Partido Popular, porque a perspectiva dun cambio na Xunta de Galicia para converter o seu goberno nun referente dun novo modelo de benestar, dunha sociedade máis xusta, desenvolvida, con máis dereitos sociais, está moi preto", salientou, pola súa banda, o ministro Bustinduy.

FEIJÓO

Tamén, a candidata de Sumar á Xunta, Marta Lois, esixiu ao aspirante popular, Alfonso Rueda, que dea "explicacións" sobre a suposta idea de "indultar" a Puigdemont, despois de que varios medios publicasen que o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, estaría aberto, aínda que pouco despois fontes populares matizasen que as súas condicións "non se deron cos indultos de procés".

"O señor Rueda ten que dar explicacións hoxe. Leva todos estes días, todas estas semanas, axitando o tema da amnistía de Cataluña, pero ao señor Feijóo escapóuselle que realmente si tiñan pensado (os indultos", manifestou Marta Lois.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta