(Vídeo) Primeiro adianto da miniserie de Netflix sobre o crime de Asunta Basterra, que se estreará o 26 de abril

O vídeo, de 30 segundos de duración, recrea a famosa entrevista que concederon Rosario Porto e Alfonso Basterra, na ficción interpretados por Candela Peña e Tristán Ulloa, explicando o proceso de adopción da nena.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

'El caso Asunta', a miniserie de ficción que relatará a investigación do asasinato de Asunta Basterra, lanzou o seu primeiro adianto cos pais da pequena como protagonistas. A plataforma Netflix anunciou así mesmo a data de estreo da ficción, o próximo 26 de abril. O vídeo, de 30 segundos de duración, recrea a famosa entrevista que concederon Rosario Porto e Alfonso Basterra, na ficción interpretados por Candela Peña e Tristán Ulloa, explicando o proceso de adopción da nena.

A serie de seis capítulos relata un dos casos de crónica negra que máis conmocionaron a España nos últimos anos e foi desenvolvida polo guionista e produtor Ramón Campos. Dirixida por Carlos Sedes e Jacobo Martínez, a ficción completa o seu reparto con Javier Gutiérrez, María León, Carlos Blanco, Alicia Borrachero e Iris Whu, entre outros.

O caso Asunta xa ten data de estreo en Netflix
O caso Asunta xa ten data de estreo en Netflix | Fonte: MANUEL FERNANDEZ-VALDES - NETFLIX

"O 21 de setembro de 2013 Rosario Porto e Alfonso Basterra denuncian a desaparición da súa filla Asunta, cuxo corpo é atopado horas despois xunto a unha estrada nos arredores de Santiago de Compostela. A investigación policial pronto desvela indicios que apuntan a Rosario e Alfonso como posibles autores do crime. A noticia conmociona a toda a cidade e mesmo ao país. Que pode levar a uns pais a acabar coa vida da súa filla? Que se esconde detrás desa fachada de familia perfecta?", reza a sinopse oficial da ficción. O caso xa foi levado á pantalla en 2017 por Atresmedia e Bambú Producións no caso Asunta: Operación Nenúfar, miniserie dispoñible en Netflix.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta