Unha persoa resulta ferida nunha explosión en Sigüeiro

Os feitos sucederon sobre as 18:00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/02/2024 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Unha forte explosión de gas provocou este martes alarma entre os veciños dun edificio de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso, así como queimaduras leves a unha persoa.

Os feitos sucederon ao redor das 18,00 horas, cando varios particulares alertaron ao 112 de que se produciu unha forte explosión na Avenida da Grabanxa, á altura do número 13, e que caeran na rúa anacos dunha xanela.

Os veciños do edificio afectado saíron do mesmo polo seu propio pé, aínda que indicaron que había unha persoa ferida. Tratouse dunha muller, que necesitou asistencia médica por queimaduras de carácter leve nas mans.

Ademais do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros de Ordes e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil.

A última hora da tarde, os efectivos do parque comarcal seguían traballando no punto, sobre todo á espera de recibir ao técnico da empresa subministradora para comprobar o estado da instalación.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta