Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2024 | Actualizada ás 12:18
Integrantes de Ecoloxistas en Acción reuníronse con europarlamentarios españois e portugueses para que o regulamento en trámite poñer fin a esta contaminación xeneralizada e crónica. Mediante unha acción con eurodeputados no Parlamento europeo, a organización ecoloxista lembra que é evitable a contaminación do medio mariño por estes gránulos, que non son para nada inocuos.
A contaminación por pélets que tinguía de branco as costas galegas ao comezar o ano é só a punta do iceberg dun problema crónico, non só asociado ao transporte marítimo e os ríos. O goteo de microplásticos é constante ao longo de toda a cadea de subministración: van perdéndose durante os procesos de produción, de carga e descarga, almacenamento e transporte, por falta de procedementos e estruturas adecuadas para o seu confinamento. Vanse derramando e acumulando nos ríos próximos para acabar no mar.
Os pélets de plástico, procedan de material bruto orixinal ou de fontes recicladas, constitúen os compoñentes primarios dos produtos de plástico. Fabrícanse en terra e despois transpórtanse por todo o planeta en contedores de ata 26 toneladas para fabricar os plásticos. “Por desgraza coñecemos de primeira man que os contedoras se poden caer ao mar”, declara Cecilia do Castillo, portavoz de Ecoloxistas en Acción.
661 COLECTORES PERDIDOS EN 2022
Un informe técnico do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente estima que se poden estar vertendo ao mar unhas 5.710 toneladas de pélets, que equivale a 285.500 millóns de gránulos, ao ano en España. En Tarragona a praia da Pineda é unha das principais zonas de acumulación debido á súa proximidade co maior centro petroquímico do sur de Europa, onde se concentran varias decenas de empresas do sector da fabricación e transformación de plásticos.
En 2022 perdéronse 661 colectores. Del Castillo indicou que, unha vez no mar, “os sacos rompen e a información que vén escrita neles non especifica o seu nivel de toxicidade, nin para a saúde humana nin para o medio ambiente”. A pesar da denuncia interposta por Ecoloxistas en Acción no xulgado de Noia contra a navieira propietaria do portacontedores, descoñécese se as empresas responsables da vertedura poderán pagar os danos irremediables que ocasionaron ao ecosistema mariño e a súa biodiversidade das costas de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.