Temas: FUXIDAS

Ourense volverá a celebrar o entroido no verán

Desfiles, concursos de disfraces, concurso en Faceebok e moita troula o próximo 19 de setembro na Capital das Burgas.

Por GC Tendencias | Ourense | 02/09/2015 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense quere continuar e perpetuar a tradición do Entroido, unha cita arraigada no ciclo festivo da cidade, fóra das datas de inverno. Con este motivo, organiza para o vindeiro sábado 19 de setembro o Entroido de Verán, en colaboración coa asociación cultural Praza do Correxidor.

Duas rapazas nun entroido
Duas rapazas nun entroido | Fonte: Xusto Gómez

A data elixida é o sábado 19 de setembro, cando se considera que todos os ourensáns están de volta das súas vacacións. Malia que xa se celebrou, de xeito interrompido, nos últimos anos, “a Concellería de Cultura quere facerse responsable de sacar esta festa do esquecemento e poñela no lugar que merece”, en palabras da concelleira Belén Iglesias Cortés.

Por vez primeira, o Entroido de Verán sairá dos límites da Praza do Correxidor, facendo partícipes a todos os ourensáns, visitantes e hostaleiros que se atopen pola zona vella da cidade. Así, o desfile pasará pola Praza Maior, Lamas Carvajal, praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do ferro e rúa dos Fornos, rematando na Praza do Correxidor. O desfile estará acompañado por diferentes charangas que levarán a música por toda a zona.

Para conseguir unha maior implicación do público na festa, o Concello de Ourense organiza un Concurso de Disfraces para esta edición, apartado para o que a Concellería dirixida por Belén Iglesias destinará 1.575 euros en premios. Na elección dos gañadores, que serán valorados por un xurado formado por cinco membros, terase en conta a orixinalidade, a actitude diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade.

Premios
En categoría individual, haberá un Primeiro premio de 150€, un Segundo de 100€, un Terceiro de 50€ e dez accesits de 30€. Por parellas, haberá 150 €, 100€ e 50€ respectivamente para as tres mellores propostas. E por grupos, integrados por máis de 4 persoas, repartiranse 300, 200 e 100 euros. Ademais, haberá un premio Especial á mellor fotografía colgada no facebook “Entroido de Verán en Ourense”, para incentivar a participación, que levará un premio de 75€.

A inscrición no concurso realizarase na Concellaría de Cultura, emprazada no Auditorio Municipal,en horario de 9:00 a 14:30 horas, a través do teléfono 988.391.290 ou no enderezo electrónico cutura@ourense.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de setembro ás 13:00 horas.

ENTROIDO Hermanager - Viñeta de humor? - Entroido 2015
ENTROIDO Hermanager - Viñeta de humor? - Entroido 2015
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta