Falece Ulpiano Villanueva, interventor do Consello de Contas e exdirector da Axencia Tributaria de Galicia

Faleceu este martes tras sufrir unha indisposición e caer na rúa hai dúas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2024 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Ulpiano L. Villanueva (Santiago de Compostela, 1971), interventor do Consello de Contas e exdirector da Axencia Tributaria de Galicia, faleceu este martes tras sufrir unha indisposición e caer na rúa hai dúas semanas. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas e Empresariais por Icade, foi funcionario pertencente á Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Ao longo da súa traxectoria tamén desempeñou diferentes postos na Intervención Xeral da administración autonómica galega (subdirector xeral de fiscalización e interventor delegado) e foi secretario xeral do Consello de Contas de Galicia e xefe de gabinete da Consellería de Facenda.

O director da Axencia Tributaria de Galicia, Ulpiano Villanueva
O director da Axencia Tributaria de Galicia, Ulpiano Villanueva | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta