A conselleira de Economía ve a Galicia na senda de crecemento e "aos poucos" preto do PIB estatal

Sobre o seu futuro: "Primeiro hai que conformar o Parlamento e seguir traballando, que é o que estamos a facer".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2024 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, asegurou que Galicia se atopa na senda de crecemento, cumprindo as previsións da Xunta a este respecto, e "aos poucos" achegándose ao PIB estatal. Así o manifestou, a preguntas dos xornalistas, con motivo dun encontro con representantes do polígono coruñés de Pocomaco, aos que informou de diferentes medidas postas en marcha pola Xunta para impulsar o investimento industrial.

No acto, a conselleira apelou ao diálogo cos empresarios para fortalecer a economía e reivindicou as cifras na industria galega, cunha produción industrial en Galicia que creceu un 2 por cento en 2023 fronte á caída estatal do 0,8. Cuestionada polas cifras do PIB, cun crecimeinto en 2023 da 1,8% fronte ao 2,5% estatal, indicou que Galicia está "a converxer nos últimos anos" e engadiu que o dato entra dentro das previsións da Xunta. "Aos poucos imos achegándonos ao PIB a nivel estatal", aseverou tamén.

FUTURO NA CONSELLERIA

Todo iso nun acto no que foi preguntada sobre o seu futuro e se seguirá á fronte da Consellería. "É unha facultade exclusiva do presidente da Xunta, a de deseñar o goberno e nomear os conselleiros".

"Primeiro hai que conformar o Parlamento e seguir traballando, que é o que estamos a facer", sentenciou en declaracións ás xornalistas.

A conselleira de Economía,  María Jesús Lorenzana, reúnese coa Asociación de Empresarios de Pocomaco. MONCHO FONTES
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, reúnese coa Asociación de Empresarios de Pocomaco. MONCHO FONTES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta