Por Galicia Confidencial | Ourense | 27/02/2024 | Actualizada ás 21:02
Era o 2007. Feijóo era líder do PPdeG na oposición e dependía aínda do poder dalgúns baróns, entre eles, José Luis Baltar, entón presidente da Deputación de Ourense e líder dos populares ourensáns. Jácome acudía a unha comida do PPdeG como presentador estrela da súa televisión local, Auria TV. E alí coñecía ao que hoxe é o líder absoluto do PP.
"Soy Jácome, de Democracia Ourensana. Un partido emergente. Igual un día sacamos uno --diputado na Cámara galega--", chanceaba. Tanto Jose Luis Baltar --pai de José Manuel Baltar--, como o propio Feijóo rían. "Pues si sacas uno, pactáis con nosotros", espetálle Baltar.
Nese momento, o partido de Jácome acababa de ter 1.757 votos nas municipais, o 2,84% dos votos, e 1.009 nas galegas de 2007. 15 anos depois, Democracia Ourensana ten 18.450 apoios e dez concelleiros na cidade de Ourense e máis de 15.000 votos e un deputado no Parlamento galego.
Así foi como Jácome se presentou ante Feijóo e como quedaron os pactos con Baltar:
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O PSdeG acusa a Política Social de "boicotear" a Lei de Dependencia: "Non ten ningún escrúpulo"
- Estes serán os actos políticos do 25 de xullo, Día de Galicia: da manifestación do BNG á ofrenda do PSdeG en Rianxo
- O PSdeG denuncia o estado "lamentable" do centro de saúde de Negreira: humidades nas paredes e espazos reducidos
- Sumar rexistrará no Congreso unha comisión de investigación sobre o 'caso Montoro': "É un asunto de saúde democrática"
- Rueda suxire que máis territorios poderían sumarse á declaración asinada contra o financiamento singular de Cataluña
- Ciudadanos asegura en Galicia a súa aspiración a ser a "pedra inicial" dunha nova "alternativa ao bipartidismo" estatal