A Xunta anuncia a cobertura de 70 das 72 prazas de pediatras en centros de saúde e hospitais comarcais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou este xoves a resolución do concurso de méritos para adxudicar un total de 70 prazas estables de pediatría en centros de saúde considerados de difícil cobertura e en hospitais comarcais.

Na súa comparecencia posterior á reunión semanal do seu goberno, agora en funcións, Rueda confirmou a resolución desta convocatoria sen oposición que buscaba estabilizar ata 72 vacantes. Por tanto, duas quedaron desertas, pero o presidente garantiu que se volverán a ofertar para tentar cubrilas "de modo inmediato".

En concreto, a resolución deste concurso de méritos, ao que se presentaron 181 sanitarios, permitirá estabilizar 60 prazas de pediatría en centros de saúde e outras 12 en hospitais comarcais.

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello | Fonte: XUNTA

En concreto, no que respecta a centros de saúde, ofertáronse 15 na área sanitaria de Vigo, 12 na da Coruña-Cee, nove na de Santiago-Barbanza, outro nove en Lugo-A Mariña-Monforte, sete en Pontevedra-O Salnés, cinco en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e tres en Ferrol.

En canto aos hospitais, serán catro pediatras no hospital de Vilagarcía de Arousa; dous nos de Ribeira, Burela e Verín, respectivamente; e un nos de Monforte e O Barco de Valdeorras, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta