Premios Eduemprende Idea 2023: seis institutos e centros integrados de FP crean ideas de negocio baseadas na sustentabilidade

As ideas gañadoras abarcan unha ampla gama de temáticas, desde a arte urbana e a sustentabilidade ambiental ata a inclusión e a moda personalizada, demostrando a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2024 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

Un total de seis institutos e centros integrados de FP conseguiron os premios do concurso Eduemprende Idea 2023, un certame impulsado polas Consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidade e de Promoción do Emprego e Igualdade co obxectivo de incentivar a realización de proxectos empresariais entre o alumnado dos ensinos de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.

As persoas participantes debían presentar ideas de negocio orixinais que puidesen dar lugar ao desenvolvemento de novas empresas, promovendo, deste xeito, a cultura emprendedora entre o alumnado. Os seis proxectos premiados, tres na modalidade de ciclos de grao medio e tres na modalidade de ciclos de grao superior, recibirán un total de 12.000 euros a razón de 3.000 euros para o 1º premio, 2.000 euros para o 2º e 1.000 euros para o 3º.

Así mesmo, os gañadores poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Na modalidade A (Ciclos grao superior), os premiados foron o IES Rosalía Mera da Coruña, con Street Art Galicia; o CIFP Politécnico de Santiago, con Mam Madeira; e o CIFP Montecelo de Pontevedra con Mía Creativa. Na modalidade B (Ciclos grao medio), foron recoñecidos o Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, por Green Paws; o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, por 'Style Clo' e o CIFP Compostela, de Santiago, por 'Laetus'.

As ideas gañadoras abarcan unha ampla gama de temáticas, desde a arte urbana e a sustentabilidade ambiental ata a inclusión e a moda personalizada, demostrando a capacidade de xerar solucións innovadoras para satisfacer as necesidades e desexos da sociedade contemporánea, apunta a Xunta. O seu enfoque na inclusión, a sustentabilidade e a experiencia do cliente "marca un estándar elevado para a innovación empresarial cun impacto positivo na sociedade".

Alumnos dun centro de FP
Alumnos dun centro de FP | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta