Cando as investigacións xurídicas tamén teñen premio

A UVigo convoca o II Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega "Xosé Franco Grande".

Por Galicia Confidencial | VIGO | 05/03/2024 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, a través da Coordinación de normalización e política lingüística, convoca o III Premio de Investigación Xurídica en Lingua Galega “Xosé Luís Franco”.

O académico e escritor Xosé Luís Franco Grande. RAG
O académico e escritor Xosé Luís Franco Grande. RAG

O obxectivo deste premio, que leva o nome do académico, escritor, divulgador e xurista tomiñés Xosé Luís Franco Grande, é ten por obxecto impulsar as investigacións no eido xurídico. Ademais, pretende fornecer o proceso de dinamización lingüística da Universidade e fomentar o emprego da nosa lingua nos traballos de investigación xurídica.

Hai dúas modalidades, para o estudantado de calquera grao ou mestrado matriculados no

sistema universitario de Galicia e do Estado e para o estudantado da facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, nos graos en Dereito, pceo ade-Dereito e Relacións Laborais

e Recursos Humanos, e nos mestrados en Avogacía, Menores en situación de desprotección e conflito, e Dirección e Xestión Laboral. Os premios en ambas as dúas modalidades son 500 euros.

Os traballos deberán ser orixinais e estar redactados en lingua galega e poderán tratar de calquera tema do ámbito do xurídico nas súas diferentes formas. Deberá presentarse en formato pdf e a súa extensión deberá abranguer entre as 20 e 40 páxinas escritas en letra 12 Times New Roman ou similar, interliñado sinxelo, e cos requisitos propios dun traballo de

investigación. Para os gañadores hai dous premios. O prazo remata o vindeiro 12 de abril. Máis información, aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta