O Museo de Pontevedra "catolízase" da man da Cofradía de nuestro Padre Jesús con la Cruz a la espalda

Abre xoves un ciclo de conferencias sobre Semana Santa cunha charla de imaxes de Pascua.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/03/2024 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Museo de Pontevedra, dependente da Deputación de Pontevedra, inicia este xoves un ciclo de conferencias sobre a Semana Santa cunha charla centrada nas imaxes da Pascua pontevedresa na arte. A iniciativa, organizada pola Cofradía de nuestro Padre Jesús con la Cruz a la espalda, contará con tres xornadas. A primeira delas terá lugar este xoves a partir das 18.30 horas, no Edificio Castelao e estará impartida polo arqueólogo e antropólogo cultural Mateo Fontán Couto. O acceso será libre ata completar aforamento.

El explicará a dilatada historia da Pascua pontevedresa, con raíces en tempos medievais, para en 1949 dar paso ao actual cerimonial. No transcurso do tempo esta manifestación tradicional relixiosa deixou a súa pisada en diversas fontes artísticas, como a pintura, a escultura ou o debuxo.

O ciclo continuará os dous seguintes xoves. O día 14 ás 19.30 horas, Paula Tilve, responsable de área de Públicos do Museo, pronunciará a conferencia 'A Virxe da Piedade a través da colección do Museo de Pontevedra'. Pola súa banda, o 21 de marzo ás 19.30 horas será a quenda de José Luís Ageitos, quen repasará os 75 anos de historia da Confraría, da que é vicepresidente.

Imaxe nunha procesión da Semana Santa de Pontevedra
Imaxe nunha procesión da Semana Santa de Pontevedra | Fonte: turismoriasbaixas.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta