A Xunta financia con 1,2 millóns un spa de viñoterapia

CIG-Autonómica considera unha “vergoña e unha apropiación indebida” este orzamento público e pide que sexan destinados aos centros da Consellería de Benestar.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/09/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A Xunta destinou 1,2 millóns a unha spa, mentres que deixa sen dotacións centros sociais dependentes da Consellería de Benestar. É a denuncia que fai CIG-Autonómica que critica que as obras de rehabilitación e acondicionamento como spa viñoterapia da nave lateral do mosteiro de San Clodio leven tal cantidade de diñeiro público.

Spa con vinoterapia
Spa con vinoterapia | Fonte: patxiuriz.com

Neste sentido, o persoal de Benestar que traballa en atención directa de centros de menores, residencias de maiores e centro de atención a persoas discapacitadas, considera unha “vergoña e unha apropiación indebida” este orzamento público. Por iso, pide a “inmediata anulación” deste concurso e destinar eses fondos a comprar “material urxente e necesario” para Residencias de Maiores, Centros de Menores e CAPD (Centro de Atención a Persoas Discapacitadas).

Nos centros de Benestar o persoal e os usuarios sufrimos estes recortes día a día. Non se renova o material: lavadoras estropeadas que non se amañan, restricción dos cueiros por usuario a 3 ao día, grúas para mobilidade dos residentes que non se compran, plantas pechadas como as da Residencia de Maiores de Ferrol, onde non se continua coas obras de mellora, falta de material de enfermería”, apunta esta central sindical.

Así, critica que se destinen fondos públicos para esta obra mentres hai “reducións nos custes do menú diario dos centros de atención social “coa perda de calidade dos mesmos e sobreexplotación laboral ao non conceder compensacións por xornadas de 7 días, con domingos e festivos continuados”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 XanKaraLlás

Que noxo, esa mer da da "viñoterapia". Respostando a galegoexiliado, que non sabe quen é que perdeu máis o norte, se os fachas da Xunta ou os que lles dan o voto. Pois os pepeiros saben moi ben o que fan, eles non perden o norte, os que o perden son os paspáns que lles votan sempre, fagan o que fagan.

6 BeneB

¡¡Viva el vino!! Rajoy dixit

5 xursé

Pois igual era umha soluçom praos gandeiros. Banhos de leite como Cleopatra. (modo retranca)

4 xursé

Pois igual era umha soluçom praos gandeiros. Banhos de leite como Cleopatra. (modo retranca)

3 galegoexiliado

Cada vez é mais difícil de saber quén perdeu o norte, si a xunta ou os galegos que a votan.