Buscan con drones a un home de 90 anos desaparecido en Aranga

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2024 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Un dispositivo busca a un home de 90 anos desaparecido no municipio coruñés de Aranga o pasado xoves. Un familiar avisou ao 112 Galicia da súa desaparición, despois de que a traballadora doméstica notase a súa ausencia.

Segundo informa o 112 Galicia, técnicos do grupo de apoio loxístico da Axencia Galega De Emerxencias (Axega) incorporáronse con drones ás tares de procura este luns. Este veciño do lugar de Maques, en Aranga, duns 90 anos de idade, adoita saír a pasear, pero está de volta en casa antes das dúas da tarde. O pasado xoves non volveu e deixou alí as súas pertenzas.

Tras rexistrarse a súa desaparición, os axentes da Garda Civil puxeron en marcha os correspondentes operativos de procura, nos que tamén participan os membros do GES de Curtis.

Drones da AXEGA participan no operativo de procura dun desaparecido
Drones da AXEGA participan no operativo de procura dun desaparecido | Fonte: 112 GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta