Convocado un novo proceso selectivo para cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos

Os 32 concellos son: A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, O Grove, O Rosal, Poio, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Bergondo, Boiro, Camariñas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Noia e Ponteceso, Barbadás, O Barco de Valdeorras e Mondoñedo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a convocatoria do proceso selectivo unitario que permitirá cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos. Segundo informou a Xunta, trátase dun procedemento de oposición por quenda libre, de maneira que as persoas que o superen, serán contratados en réxime laboral temporal nalgún dos concellos que convocan os postos ou formarán parte da listaxe de reserva no caso de non obter posto.

O proceso consta de tres probas que comezan coa de avaliación de coñecementos cun cuestionario de 50 preguntas tipo test e, no caso de non estar exentos, da de avaliación de coñecemento de lingua galega. A terceira proba é de aptitude física, con exercicios de potencia de tren inferior con salto e vertical e de resistencia, cunha carreira de 1.000 metros lisos. As persoas aspirantes que aproben e as incluídas na listaxe de reserva deberán superar, posteriormente, un curso de formación teórico-práctica na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) como requisito indispensable para ser contratados como auxiliares de policía local.

Os 32 concellos que convocan as 127 prazas son A Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, Marín, Meaño, Moaña, O Grove, O Rosal, Poio, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra; A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Arteixo, Bergondo, Boiro, Camariñas, Carballo, Cedeira, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Noia e Ponteceso, na provincia da Coruña; así como os concellos ourensáns de Barbadás e O Barco de Valdeorras e Mondoñedo, en Lugo.

O prazo de inscrición ábrese este martes e prolóngase durante 10 días hábiles. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As oposicións convocadas pola Agasp no período 2018-2023 permitiron cubrir máis de 1.400 prazas en distintos municipios: 726 de auxiliares de policía local, 607 da categoría de policía, 57 de oficial, 15 de inspector, 2 de inspector principal, e 2 de vixiantes.

Axentes da Policía Local de Lugo
Axentes da Policía Local de Lugo | Fonte: Policía Local - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta