Formoso pide traballar pola inclusión "cada día" na entrega dos premios de Down Galicia

Valentín González Formoso destacou traballo da asociación Teima Down durante ese tres décadas en campos como a atención temperá, a inclusión educativa ou o fomento da vida autónoma

Por E.P. | A Coruña | 21/03/2024 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, animou, no acto conmemorativo do Día Mundial da Síndrome de Down, a "traballar cada día pola inclusión e a igualdade de oportunidades".

Down Galicia elixiu este ano o Teatro Jofre de Ferrol para a celebración da súa gala do 21 de marzo, coincidindo co 30 aniversario da asociación Teima Down, da que o presidente provincial destacou o seu traballo durante ese tres décadas en campos como a atención temperá, a inclusión educativa ou o fomento da vida autónoma.

Na súa intervención, Formoso chamou tamén a unirse ao lema proposto este ano polas Nacións Unidas, 'Acabar cos estereotipos', e convidou, neste sentido, a "descartar ideas preconcibidas que só levan a infravalorar e excluír".

Por outra banda, a deputada provincial Soledad Agra abordou con alumnado do IES Rosalía Mera o papel da muller na sociedade e a súa evolución desde os últimos anos, como escenario final da campaña 'Mulleres do pasado, semente de futuro', levada a cabo pola área de igualdade da institución con motivo da conmemoración do 8M.

Así se puxo o broche final a unha actividade intergeneracional que consistía en que o alumnado de diferentes centros educativos entrevistasen as súas avoas, co obxectivo de provocar unha reflexión conxunta entre ambas as xeracións.

Unha persoa participante no programa de emprego de Down Galicia desempeña o seu posto de traballo. DOWN GALICIA
Unha persoa participante no programa de emprego de Down Galicia desempeña o seu posto de traballo. DOWN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta