O BNG pider rematar co "xenocidio" de Israel en Palestina e un embargo de armas a este país

É nunha moción que presentou no pleno de Ferrol.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 22/03/2024 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O grupo municipal de BNG de Ferrol presentou unha moción ao pleno de fin de mes demandando apoio ao pobo de Palestina e que o Goberno de Israel poña fin ao "xenocidio" aos seus habitantes.

O texto recolle cinco peticións, como son "esixir o embargo de armas e a ruptura das relacións diplomáticas con Israel por parte do Goberno do Estado español e da Unión Europea", esixir á Corte Penal Internacional que "xulgue o presidente Netanyahu e ao resto do Goberno da entidade sionista polo exterminio planificado do pobo palestino", así como "esixir a apertura de corredores humanitarios e o cesamento do lume permanente en Gaza e Cisxordania, así como dos ataques a Siria e ao Líbano".

Outros dos puntos incluídos nesta moción é "esixir ao Goberno do Estado e á Xunta de Galicia o envío urxente de material humanitario a Gaza", ademais de "esixir ao Goberno español e a todos os países da Unión Europea o recoñecemento de Palestina como Estado e de todos os seus dereitos".

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol, Iván Rivas, detallou que "desde o 7 de outubro asasináronse case 74.000 persoas" en Palestina, "das que o 70% eran mulleres, nenos e nenas", incidindo que "ese espazo xeográfico funciona como unha especie de cárcere ao aire libre, a máis grande do mundo, un espazo no que é case imposible entrar, produto da actitude do Estado de Israel", e que para Rivas é "un Estado xenófobo, que leva 70 anos ocupando uns territorios en contra mesmo das resolucións dun".

Na presentación desta moción, Rivas estivo acompañado dun representante da entidade 'Mar do Lumes', un colectivo que está a organizar de maneira recorrente concentracións ante este conflito bélico.

Neno de Palestina chorando en Gaza tras a invasión de Israel
Neno de Palestina chorando en Gaza tras a invasión de Israel | Fonte: BBC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta