Un mapa de expresións artísticas desenvolvidas por mulleres migrantes en Galicia

O proxecto Mulleres á Fronte Dende o Sur Global, impulsado pola USC e Ecos do Sur, explora as posibilidades do arte como ferramenta de transformación social.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 22/03/2024 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

A potencialidade das expresións artísticas como ferramenta de transformación social é a premisa do proxecto de investigación, intervención e acción participativa Mulleres á Fronte Dende o Sur Global, que parte das experiencias desenvolvidas polas batukadeiras en Cabo Verde e das comunidades de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas en Galicia, abrindo un diálogo de saberes e experiencias compartidas. Trátase dunha iniciativa liderada pola Universidade de Santiago (USC) en asociación con Ecos do Sur, e que conta co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Muller migrante, anímate a pasar á fronte
Muller migrante, anímate a pasar á fronte | Fonte: USC e Ecos do Sur

Dentro das actividades do proxecto, as organizacións impulsoras están construíndo un mapa de expresións artísticas, que funcionará como directorio visual e ferramenta para dar a coñecer o traballo creativo e cultural que desenvolven as mulleres migrantes (inmigrantes, emigrantes retornadas ou descendentes) en Galicia. A participación no mapa está aberta actualmente para todas as mulleres migrantes que teñan proxectos musicais, teatrais ou de outras artes escénicas, sexan profesionais ou amateurs, e inclúe a oportunidade de sumarse a obradoiros creativos, podcasts, editatonas de Wikipedia e eventos con outras artistas.

As interesadas poden sumarse a través do formulario dispoñible na web mulleresafronte.gal/mapeamento, onde tamén atoparán máis información sobre a iniciativa. Mulleres á Fronte é un grupo de investigación e creación, integrado por sete investigadoras de diversas disciplinas, con formación e especialización investigadora en feminismos e xénero, das tres universidades galegas. Realizan proxectos relacionados coas migracións internacionais, que dialogan entre investigación e creación a través da música, a fotografía e o audiovisual. Mentres que Ecos do Sur traballa para que a convivencia entre persoas de orixes diversos e realidades distintas fructifique nunha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Por iso, dende 1991 loita contra a exclusión social especialmente vinculada ao acceso a dereitos da cidadanía e participación.

Muller migrante, anímate a pasar á fronte
Muller migrante, anímate a pasar á fronte | Fonte: USC e Ecos do Sur
Muller migrante, anímate a pasar á fronte
Muller migrante, anímate a pasar á fronte | Fonte: USC e Ecos do Sur
Muller migrante, anímate a pasar á fronte
Muller migrante, anímate a pasar á fronte | Fonte: USC e Ecos do Sur
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta