Xa podes consultar o plan director do sector forestal-madeira da Xunta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta abre este martes a consulta pública do plan director do sector forestal-madeira, que estará dispoñible ata o 15 de abril para recoller a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas relacionadas con este sector.

Esta industria, lembrou o Goberno galego, é unha das declaradas estratéxicas polo Consello da Xunta, xunto coa metalmecánica, a automoción, a construción naval, a industria do TIC e a loxística industrial e supón un 6% de negocio da industria galega, así como un 10% do emprego industrial da Comunidade.

Con esta consulta pública, que se activa a través do portal de transparencia e goberno aberto, a Xunta di que "segue avanzando para impulsar este novo instrumento co que se pretende potenciar o desenvolvemento da actividade industrial no sector concreto que corresponda". Con esta xa son catro as consultas públicas abertas: as de automoción e naval, cuxo prazo finaliza este luns, e a da industria do TIC, aberta ata o próximo 8 de abril.

Os plans directores, xunto co Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, son instrumentos da planificación da política industrial da Xunta enmarcados nunha estratexia que "ten como obxectivo facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega".

Madeira da industria forestal
Madeira da industria forestal | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta