Lugo compite por ter o mellor monumento funerario de España

Trátase do mausoleo neogótico situado á entrada do cemiterio municipal de San Froilán.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 30/09/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Lugo pode ser elixida a cidade co mellor monumento funerario de España. Trátase do mausoleo neogótico situado na entrada do cemiterio municipal de San Froilán que segue "liderando" un concurso con votación popular.

Cemiterio de San Froilán, en Lugo
Cemiterio de San Froilán, en Lugo | Fonte: turismogalicia.blogspot.com

O goberno local informou de que este mércores -30 de setembro- finaliza a segunda fase deste concurso, que consiste nunha votación para que sexa a cidadanía a que elixa o mellor monumento funerario de entre os finalistas que superaron a primeira etapa do Concurso de Cemiterios de España, organizado pola revista 'Adios Cultural', financiada e editada por Funespaña.

O mausoleo neogótico que opta ao premio foi construído na segunda metade do século XIX e pasou a formar parte do patrimonio municipal en 2012, a través dunha cesión da familia de Armando Durán ao propio Concello.

Segundo o Concello, "presenta as características propias da arquitectura historicista, cunha marcada tendencia ao estilo neogótico e a súa construción atribúese a Cobreros, o arquitecto lucense que liderou a actividade construtiva da época marcando as liñas das novas tendencias arquitectónicas".

A votación continúa aberta até o xoves nas páxinas web www.lugo.gal e www.revistaadios.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta