Morre atropelado un operario de guindastre mentres auxiliaba a un vehículo en Santiago

Era veciño de Pontecesures e traballador de Guindastres Castmart.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2024 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

Un operario de guindastre morreu tras ser atropelado na noite do pasado martes mentres auxiliaba a un vehículo avariado na autovía AG-56, quilómetro 1.4, ao seu paso por Santiago.

Segundo informa o 112 Galicia a Europa Press, sobre as 22,45 recibiu a chamada dunha particular informando dun atropelo na autovía. Así, informouse a urxencias sanitarias, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil, entre outros.

O home, de 56 anos de idade e veciño de Pontecesures, era traballador de Guindastres Castmart. O funeral celebrarase na tarde deste xoves na iglesa de San Xulián, en Pontecesures. A Asociación Nacional de Empresas de Auxilio na estrada emitiu un comunicado no que lamenta este falecemento e expresa as súas condolencias a familia e amigos.

112  / Europa Press - Arquivo / Europa Press
112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta