A cidade máis feliz de España: Vigo

Vigo situouse como a cidade máis feliz de España segundo o estudo 'Happy City Index 2024' que publica o Instituto de Calidade de Vida de Londres (Institute of Quality of Life de Londres)

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 03/04/2024 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia



Vigo situouse como a cidade máis feliz de España segundo o estudo 'Happy City Index 2024' que publica o Instituto de Calidade de Vida de Londres (Institute of Quality of Life de Londres).

En concreto, a nivel mundial a cidade olívica ocupa o posto 58 e é a primeira urbe española que aparece no ranking, que encabeza Aarhus (Dinamarca), seguida de Zúric (Suíza) e de Berlín (Alemaña).

A nivel nacional, a segunda cidade española máis feliz é Bilbao (posto 59 en todo o mundo), seguida de Valencia (106), de Barcelona (139), de Zaragoza (165), de Madrid (192), de Málaga (216) e de Las Palmas de Gran Canaria (242).

Tal como explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este índice establécese a través das valoracións dos cidadáns en cinco categorías: cidadanía, gobernación, medioambiente, economía e mobilidade.

Caballero reivindicou que este informe se une ao estudo da OCU que situou a Vigo como a mellor cidade española para vivir. "Vigo é a cidade máis educada de España segundo Perply", lembrou tamén o rexedor.

Vigo sitúase como a cidade máis feliz de España segundo un estudo do Instituto de Calidade de Vida de Londres.. CONCELLO DE VIGO
Vigo sitúase como a cidade máis feliz de España segundo un estudo do Instituto de Calidade de Vida de Londres.. CONCELLO DE VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta