Ferido grave un motorista que participaba nun rally europeo na Estrada

A proba forma parte dun campionato europeo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2024 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Un motorista que participaba este domingo nun rally no municipio pontevedrés da Estrada resultou ferido e tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado.

Segundo informou o 112, pouco despois das 18,00 horas, o servizo foi coñecedor do accidente dun motorista que estaba a disputar un campionato europeo de motos que pasaba pola parroquia estradense de Toedo, onde se produciu o suceso.

Enseguida, os xestores do 112 Galicia informaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Deza, GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Servizo Municipal de Protección Civil da Estrada. Por parte de urxencias sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para poder trasladar ao ferido ata o hospital de referencia.

Helicóptero medicalizado do 061.. @HELICOSANTIAGO
Helicóptero medicalizado do 061.. @HELICOSANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta