Sabes porque a empanada é un dos platos nacionais de Galicia?

Hai de todos os tipos e formas e con todo tipo de recheos. Xa se coñecen desde a época dos suevos. E ti, que tipo de empanada nos recomendas?

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/04/2024 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Este 8 de abril celébrase o Día Mundial da Empanada, un produto versátil na cociña con múltiples opcións para gozar do seu recheo. É o plato nacional galego, con permiso, iso si, do caldo e do cocido. De peixe, carne, verduras, a empanada é un produto que non falta nas mesas das cociñas galegas. As combinacións son infinitas para un prato simple pero que garda os seus segredos para que sexa perfecto.

Empanadas concurso Allariz
Empanadas concurso Allariz | Fonte: Comunicación Concello de Allariz.

 

Hai quen di que a empanada tivo a súa orixe en Persia hai máis de 2.000 anos e chegou a España coa entrada dos árabes na Península Ibérica, no século VIII. Os árabes elaboraban unha especie de empanadillas de trigo recheas con carne de cordeiro que, anos despois, revolucionaron con múltiples variedades de recheo e forma segundo o territorio no que se realizasen.

 

COS SUEVOS

 

Pero en Galicia xa chegaron antes, cos suevos, e hai constancia delas desde o século VII. Estaba na tradición culinaria dos pobos xermánicos, xa que era unha comida ideal para as xentes que se movían dun lado a outro. A súa preparación, xa cuberta, permitía evitar o contacto do interior co po das estradas. E tal foi o seu arraigo en terras galegas, que as empanadas aparecen xa esculpidas no século XII no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela. De feito, esta preparación culinaria pasou a ser un dos platos típicos dos concellos de Galicia nas ocasións de festa e romaría.

 

E a pesar de que as que máis fama teñen son as de carne, atún ou bacallao, o certo que é que a primeira empanada á que se fai referencia é de polo e champiñóns, tal e como deixou escrito o gran escritor culinario Álvaro Cunqueiro. Con todo, ao longo do tempo, evolucionaou e comezou a prepararse con diversos produtos, todos eles procedentes da costa e terras galegas. Por regra xeral, a empanada galega emprega varias carnes de vaca e porco (como a zorza), peixes como atún e xoubas, mariscos, etc. Estes ingredientes adoitan cociñarse previamente.

As empanadas máis elaboradas en Galicia de peixe adoitan ser de bonito, bacallau, xoubas, anguía, congrio ou lamprea. Tamén as hai de carne, con zorza, polo, coello;  marisco con zamburiñas, polbo, berberechos, mexillóns ou chocos e vexetais, con todo tipo de verduras, sobre todo, os grelos.

E se tiveras que escoller unha empanada, cal nos suxererías?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta