Por Europa Press / Redacción | MADRID | 10/04/2024 | Actualizada ás 12:52
Diego Martínez volverá sentar nun banco o próximo 31 de maio cando dirixa á selección galega no seu amigable internacional ante Panamá que se disputará nun estadio aínda por confirmar por parte da Federación Galega (RFGF).
"A RFGF ten o pracer de anunciar que Diego Martínez Penas (Vigo, 16/12/1980) é o novo seleccionador galego absoluto. O técnico galego será o encargado de liderar a 'Irmandiña' no seu regreso a un partido internacional contra Panamá o próximo 31 de maio despois do último partido que xogou Galicia contra Venezuela en 2016 en Riazor", sinalou o organismo este mércores nun comunicado.
Diego Martínez, que xogou nas categorías inferiores do RC Celta, estaba actualmente libre desde que fose destituído polo Olympiacos grego o pasado mes de decembro. Na súa carreira, pasou por clubs como o Granada, ao que chegou a clasificar para a liga Europa, Osasuna e o RCD Espanyol.
"Desde a RFGF queremos agradecer publicamente a Diego Martínez o seu compromiso, ilusión e predisposición para facerse cargo da selección galega", recalcou a federación territorial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.