Investidura.- O delegado do Goberno reprocha a Rueda un discurso de "confrontación"

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, considera o discurso "decepcionante".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2024 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reprochou a Alfonso Rueda un discurso de "confrontación", na súa intervención na investidura como candidato do PPdeG á presidencia da Xunta.

"Chamoume a atención que a cuarta parte do discurso fose confrontar, non é o camiño", sentenciou o delegado do Goberno a preguntas dos xornalistas nunha visita a unha cooperativa en Oza-Cesuras.

E é que, ao seu xuízo, este é o momento "da colaboración". "As eleccións xa pasaron, hai unha chea de necesidades que hai que atender", apostilou para apelar á "lealdade institucional" e a "porse a traballar" en lugar de "botar a culpa a un terceiro".

Mentres, cuestionado pola proposta dunha Direción Xeral de Asuntos Constitucionais, exposta por Rueda, admitiu estar un pouco sorprendido. "Paréceme unha especie de bluf", apostilou aludindo xa á existencia en España do Tribunal Constitucional.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visita unha cooperativa en Oza-Cesuras. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visita unha cooperativa en Oza-Cesuras. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

INÉS REY SOBRE O DISCURSO 

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "decepcionante" o discurso de Alfonso Rueda como candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, durante o debate de investidura. "É decepcionante que non nomease á cidade nin comprometese actuacións de futuro", expuxo, a preguntas dos xornalistas e ao reivindicar á Coruña como "o motor económico de Galicia".

"Parece un discurso de oposición ao Goberno central", apostilou tamén a rexedora coruñesa, quen argumentou que a Galicia lle iría mellor "se o presidente da Xunta traballase pola comunidade autónoma".

"E tivese en conta as necesidades e fixese políticas públicas, mais alá de que a súa axenda a marque a política en Madrid". "Xa condicionou bastante o seu investiddura a política de Madrid e espero que non condicione o seu mandato", apostilou nunha rolda de prensa na que informou os asuntos aprobados en Xunta de Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta