A creación de empresas sobe un 2% en Galicia en febreiro, menos que a media española

A disolución de empresas baixou un 6% na comunidade galega en febreiro de forma interanual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 386 sociedades mercantís en febreiro de 2024, o que supón un 2,1% máis que no mesmo mes de 2023, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este xoves.

O incremento galego está por baixo da media de avance do 7,9% que se anota a media española en febreiro. O maior repunte rexístrase en Asturias (22%). En cambio, hai un esborralle de 29% en Navarra. O capital desembolsado para a constitución destas compañías foi de 12,1 millóns de euros en Galicia. Todas as empresas creadas foron SL na comunidade galega neste mes.

Así mesmo, a disolución de empresas baixou un 6% na comunidade galega en febreiro de forma interanual, ata un total de 151. Do total de compañías que desapareceron, 139 fixérono de forma voluntaria, sete por fusión e cinco doutro tipo.

Pola súa banda, un total de 93 compañías ampliaron capital en Galicia (87 SL e 6 SA) por valor de 42,5 millóns de euros. En cambio, 33 empresas reduciron capital por 7,7 millóns. Ningunha realizou desembolso de dividendos pasivos.

Evolución de creación de empresas. EPDATA
Evolución de creación de empresas. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta