Formación actoral intensiva e de alto nivel en Verín

A productora Canary Pixel impartirá no Auditorio o seminario de interpretación "O Actor Orgánico". Desenvolverase do 26 ao 28 de abril e preséntase como unha oportunidade de alto valor para os participantes.

Por Galicia Confidencial | Verín | 14/04/2024 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Este seminario, que se desenvolverá do 26 ao 28 de abril e que está organizado por A Caja de Pandora en colaboración do Concelllo de Verín, diríxese a actores con experiencia que desexen profundar na súa técnica interpretativa. Será impartido pola produtora Canary Pixel e ofrece unha aproximación nova e práctica ao arte da actuación. Desde a exploración das emocións máis sutís ata a interpretación de personaxes complexos, "O Actor Orgánico" promete levar aos participantes a unha viaxe de descubrimento e crecemento no mundo da interpretación. 

Auditorio de Verín. Foto: Roland Halbe
Auditorio de Verín. Foto: Roland Halbe

O primeiro día do curso estará dedicado á revisión de fundamentos do arte dramático, tipos de conflito, conceptos de dramaturxia e xéneros teatrais e cinematográficos. Ademais, introducirase o concepto de actuación neutra e explorarase a transición cara a unha interpretación orgánica, baseada nunha conexión emocional profunda.

O segundo día centrarase na fluctuación emocional, con análise de personaxes, exercicios prácticos e improvisacións que permitirán aos participantes explorar a complexidade da narrativa emocional. Gravarase e visualizaranse os exercicios para unha avaliación técnica detallada.

O terceiro e último día do seminario abordará o conflito emocional interno, profundizando en como construír unha narrativa emocional complexa e enfrontarse aos desafíos internos dos personaxes.

Para máis información e reservas, os interesados poden contactar con Canary Pixel Productions no teléfono 663 504 644

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta