Rueda rompe as tradicións de Fraga e Feijóo: adianta ao luns a reunión semanal do seu Goberno

Deste xeito, o seguinte Consello da Xunta reunirase o vindeiro luns 22 de abril.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2024 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tomou nunha nova decisión que altera un dos costumes máis arraigados no ámbito da Administración autonómica: a reunión semanal do Goberno galego deixará de ser os xoves e adiantarase aos luns. Fontes da Presidencia da Xunta confirmaron a Europa Press que este xoves xa non haberá reunión do Consello de Xunta (a primeira do novo Executivo produciuse xa este luns, tras a toma de posesión dos 12 conselleiros e conselleiras que o integran, xunto co propio Rueda).

Deste xeito, o seguinte Consello da Xunta reunirase o vindeiro luns 22 de abril. E, de aquí en diante, un día antes do Consello de Ministros, dado que este é o martes. Con este paso, segundo as fontes consultadas por Europa Press, búscase "dar máis peso" á reunión do Executivo de Rueda e que "marque o ritmo político" da semana. O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, predecesor de Rueda, mantivo este encontro semanal no que se adoptan os principais acordos políticos en xoves, como antes fixeran os seus antecesores, mesmo de distinta cor política, Emilio Pérez Touriño (PSdeG) e Manuel Fraga.

Primeira reunión do Goberno galego
Primeira reunión do Goberno galego | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta