Por E.P. | A CORUÑA | 19/04/2024 | Actualizada ás 17:44
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixou como un dos retos do seu departamento un "uso responsable e eficiente" da Intelixencia Artificial.
Foi durante a súa intervención na apertura do XXXIX Seminario de profesores universitarios de Radioloxía e Medicina Física, sobre Intelixencia Artificial: aplicacións e impacto en docencia e investigación, acto no que estivo acompañado polo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego sostivo que as organizacións sanitarias levan tempo analizando os riscos e beneficios da Intelixencia Artificial.
Especialmente no campo do diagnóstico por imaxe, o conselleiro indicou que xa existen solucións de Intelixencia Artificial que están a permitir mellorar os diagnósticos, facilitando a toma de decisións clínicas. "O noso reto actual é conseguir un uso sistémico, responsable e eficiente en beneficio claro do paciente", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.