Altri, os contratos da covid e o rexistro de galiñeiros, no primeiro pleno da nova lexislatura

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2024 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

O primeiro pleno da lexislatura arrinca este martes na Cámara galega con asuntos protagonistas como o proxecto de Altri para Palas de Rei, a petición dunha auditoría sobre os contratos da Xunta durante a pandemia da covid-19 e a regulación que obriga a rexistrar os galiñeiros de autoconsumo.

Estes asuntos serán motivo de iniciativas de impulso por parte do hemiciclo galego, que o pasado martes celebrou a sesión solemne de apertura da XII Lexislatura, o que pecha o período aberto coa disolución da Cámara en decembro, as eleccións e xa co Goberno da Xunta nomeado.

Desta maneira, a sesión arrincará ás 10.00 horas coa dación de contas do período de transición que capitanea a deputación permanente --o órgano de garda entre lexislaturas-- para dar paso, a continuación, ás proposicións non de lei que formularán o grupo maioritario --PPdeG, con 40 deputados-- e a oposición, salvo Democracia Ourensana, cuxo deputado, Armando Ojea, non terá quenda de presentar iniciativas ata o cuarto pleno.

Os populares levan unha iniciativa de impulso para que o Goberno galego siga "estendendo" a rede galega de atención temperá, xunto con outra na que aspira que o Goberno central modifique a regulación na que establece as normas básicas de ordenación de granxas avícolas, no que concierne ás de autoconsumo, que supuxeron "unha carga burocrática" aos galegos.

Pola súa banda, o BNG pedirá unha auditoría externa en relación coas contratacións de emerxencia do sector público autonómico derivadas da pandemia da covid-19. Os socialistas, pola súa banda, introducen a Memoria Democrática no debate para reclamar accións de impulso ao Goberno da Xunta co fin de desenvolver esta normativa.

ALTRI E "REXENERACIÓN DEMOCRÁTICA"

O macroproyecto de Altri na comarca da Ulloa tamén será protagonista no pleno, de forma que o propio presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deberá responder á pregunta que lle formulará o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, na sesión de control ao Executivo que arrinca o mércores.

Este asunto tamén será o argumento dunha das interpelacións do BNG, cuxa portavoz nacional, Ana Pontón, afrontará o primeiro cara da lexislatura con Rueda cunha pregunta sobre "rexeneración democrática".

O PPdeG, pola súa banda, interesarase pola situación da lei do litoral galega, que está paralizada polo recurso do Goberno ante o Constitucional, o que os populares consideran "un agravio". Así, os populares preguntarán polo acordo entre o PSOE e o PNV para levar a cabo a transferencia a xestión do litoral en contraste coa situación de Galicia.

O primeiro pleno da lexislatura arrinca este martes con Altri, os contratos da covid e o rexistro de galiñeiros
O primeiro pleno da lexislatura arrinca este martes con Altri, os contratos da covid e o rexistro de galiñeiros | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta