Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2024 | Actualizada ás 18:10
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, estimou que a presión social foi o factor que fixo rectificar ao goberno municipal de Ferrol a súa decisión de eliminar o galego da publicación de pregos de concursos públicos, que pretendía emitir unicamente en castelán.
Nunha comparecencia de prensa celebrada este luns nas instalacións do Antigo Hospicio de Ferrol onde estivo acompañado pola representante da Mesa en Ferrol, Delia Vázquez, Maceiras remarcou que a intención do goberno que encabeza o popular José Manuel Rey Varela suporía o incumprimento da lei de contratos do Estado, que determina que este tipo de procedementos deben realizarse tamén na lingua cooficial naquelas comunidades onde existan, como é o caso de Galicia.
Tras incidir tamén en que as administracións locais están "obrigadas" por lei "a comprometerse co galego", Maceiras incidiu en que "non se pode facer unha interpretación da lingua que se debe usar, só polo que di a directiva europea, tal e como o facía a instrución do alcalde de Ferrol".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.