Por un novo socialismo galego

O vindeiro sábado constitúese Espacio Socialista Galego (ESG), un novo colectivo que, dende dentro do BNG, intentará impulsar as ideas socialistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

En ESG estará a maior parte da xente que saíu de EN e que, logo, constituíu Espazo Aberto e pode atraer aos nacionalistas (moitos deles non adscritos) que pensan que unha socialdemocracia nacionalista é posible. O seu voceiro nacional será Xoán Carlos Báscuas Jardón e o seu presidente, Antonio Oca. Prevese que na Executiva estén presentes o deputado Kiko Paz e a membro da Executiva do BNG, Charo Fernández Velho. O novo partido será arroupado por alcaldes como o do Porriño, Raúl Francés, e Gondomar, Antonio Arauxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 militante

“Non, se ao final, a única seria vai ser a UPG. Polo menos non anda cambiando cada cinco minutos de siglas nin de persoeiros.”

Home Ventosela, coido que é un pouco esaxerado falar de que a UPG non anda cambiando de siglas, pensa que dahí saíron FPG, Primeira Linha, MPB, Isca...

8 militante

Agora mesmo no BNG existen como partidos organizados e por relevancia os seguintes: UPG (polo comunista), ESG (polo socialista), e a unha escala moi menor o PNG (demócrata cristián) e INZAR (ex-PC). Non sei se EN segue a ter funcionamento a día de hoxe aparte da súa web.

Como correntes de opinión, é dicir non constituídos na forma clásica dun partido político, temos ao EI (Beiristas) e ao MPB (ex-UPG, CIG) A estas organizacións formais debemos engadir aos denominados “quinistas” que como o seu propio nome indica, defenden o que faga Quin, e o aspecto institucional do BNG, mais non teñen organización coñecida ou pública.

Canto a última pregunta comparto a túa visión, seguro que existe moito personalismo en todo isto (ao fin as organizacións están feitas por persoas) mais tamén é certo que organizacións das que ti mencionas esmoreceron por mor de estratexias ou actuacións desafortunadas.

7 luisradclife

Moitas grazas, MILITANTE. En serio, teño as dúbidas despexadas. Pero, tamén en serio, cantos colectivos hai entón agora no BNG? E outra cousa, como é que habendo ideoloxicamente tanto socialdemocrata no BNG (EN, os do Colectivo Socialista, vós de ESG, Espazo Aberto, A Alternativa, Os irmandiños,...) non vos xuntades todos nun único grupo? Cal é o motivo de non facelo? Se ideoloxicamente defendedes o mesmo, entendo que son personalismos, non?

6 Maruxa

No BNG os únicos que teñen o piñon fixo desde hai trinta anos son os da UPG.Non se enteraron ainda de que xa non existe o muro de Berlin. Di ti que o piñón téñeno ben subvencionado. O 90% deles xa cobran da Administración. Viva o comunismo

5 Ventosela

Pero a vós parécevos serio toda esa sopa de letras, todos eses constantes cambiose liortas personalistas que o único que fan é confundir ao persoal? Non, non é serio que sexades poucos e mal levados e cada un coa súa capeliña.

Non, se ao final, a única seria vai ser a UPG. Polo menos non anda cambiando cada cinco minutos de siglas nin de persoeiros.