Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/04/2024 | Actualizada ás 14:37
O condutor e o seu acompañante resultaron feridos de carácter leve ao chocar o camión co que circulaban por unha pista en Bóveda, en Vilar de Barrio, contra outro camión da mesma empresa. Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar ás 9.40 horas nunha pista asfaltada desta localidade e ao lugar desprazouse unha ambulancia e unha dotación de bombeiros de Xinzo de Limia.
No lugar, os axentes comprobaron que se trataba dunha colisión por alcance entre dous camións da mesma empresa nunha pista que une a N-525 coa localidade de Bóveda, en Vilar de Barrio. A ambulancia do 061 trasladou ao condutor e ao acompañante ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) con prognóstico leve. Os condutores deron negativo na proba de alcoholemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.