'Galicia, Mellor Sen Touradas' recolle firmas de apoio á para derrogar a lei que blinda a tauromaquia como patrimonio cultural

De acordo coa última Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais elaborada polo Ministerio de Cultura, destacou a plataforma, "unicamente o 0,6 % da poboación galega declara asistir a algún evento taurino no período 2021-2022, unha das porcentaxes máis baixas de todo o Estado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2024 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A plataforma 'Galicia, Mellor Sen Touradas' mostrou este sábado o seu apoio á proposta exposta pola ILP 'Non é a miña Cultura' para derrogar a Lei que blinda a tauromaquia como "patrimonio cultural".Segundo explicou a asociación, activistas da plataforma e doutros colectivos locais levan xa semanas recollendo as 500.000 firmas necesarias para que a Iniciativa Lexislativa Popular poida tramitarse no Congreso dos Deputados.

De acordo coa última Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais elaborada polo Ministerio de Cultura, destacou a plataforma, "unicamente o 0,6 % da poboación galega declara asistir a algún evento taurino no período 2021-2022, unha das porcentaxes máis baixas de todo o Estado".

Así, Pontevedra é a única localidade con praza fixa que alberga algunhas corridas de touros ao ano e o número de espectadores "mantense en constante descenso durante a última década". Cada semana pódese asinar a iniciativa nas rúas da Coruña, Santiago, Pontevedra ou Vigo, as primeiras cidades en sumarse de forma continuada a esta proposición.

Praza de touros de Pontevedra
Praza de touros de Pontevedra | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta