Por Galicia Confidencial | Touro | 14/05/2024 | Actualizada ás 10:56
A Unidade de Policía Autonómica, a Gardería de Augas de Galicia, así como o Programa de Control de Vertidos levaron a cabo inspeccións durantes os meses de febreiro, marzo e abril á mina de Touro e confirman a continuidade dos vertidos de augas e productos residuais ao dominio público hidráulico sin autorización e que estarían prohibidos.
É a denuncia que fai Ecoloxistas en Acción que sinala que a empresa titular da mina, Explotaciones Gallegas, S.L., tentou evadir a sanción, ainda que é mínima, negando a autoría dos feitos imputados, a pesar de recoñecer os feitos recollidos na dilixencia de inspección. Segundo os valores analíticos da mostra tomada do vertido en febreiro supéranse os valores previstos no Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa (PHGC) para vertidos de augas residuais industriais a dominio público hidráulico nos parámetros de Nitróxeno total, Manganeso e Cobre, tendo este último a consideración de substancia perigosa, tamén se constata a presenza no vertido de níquel, que tamén ten a consideración de substancia perigosa, que supón un incremento de máis do 60% respecto da concentración augas arriba.
"Un mes despois da primeira mostra realizada en febreiro, constátanse concentracións para os parámetros nitróxeno total, DQO e DBO5 que superan os valores previstos no PHGC para vertidos industriais a DPH e idénticos resultados no mes de abril, quedando probado dabondo o risco de afección á calidade das augas do medio receptor", indican os ecoloxistas.
Ecoloxistas en Acción lamenta que só se lle imponga á empresa infractora unha sanción leve , xa que concorre o elemento de neglixencia. "EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L é perfectamente coñecedora do risco de vertido que comporta a actividade que leva a cabo na Balsa de Bama e xa foi sancionada por vertidos neste mesmo punto mediante resolucións que deviron executivas e firmes según confirma na sua resolución Augas de Galicia nos últimos seis anos", critica.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- SOS Suído Seixo censura unha "falsa transparencia" da promotora de Mina Doade e acusa á Xunta de "escurantismo"
- Obxectivos do plan antincendios 2025: menos de 18.600 hectáreas queimadas e lumes de máis de 25 por baixo do 2 %
- O PPdeG reivindica ante a comisaria europea de Medio Ambiente o "rigor" da Xunta para avaliar proxectos industriais
- Ecoloxistas e veciños de Conxo concéntrase para evitar que unhas obras "danen irreparablemente o Banquete de Conxo"
- Rueda suxire que foi unha decisión política deixar a Altri sen fondos europeos
- (Vídeo) Historias de animais rescatados: Tina e Turner, dous bufos bengalís que nunca tocaran o chan