Abren expediente sancionador á empresa da mina de Touro por unha vertedura aon río Brandelos

Ecoloxistas en Acción lamenta que se poña unha sanción leve á empresa Explotaciones Gallegas

Por E.P. | Santiago | 15/05/2024 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Augas de Galicia iniciou un expediente sancionador tras recibir varias denuncias en relación a unha vertedura "non autorizada" de Explotaciones Gallegas SL, a empresa que actualmente explota a canteira de áridos na mina histórica de Touro, ao río Brandelos.

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Medio Ambiente, da que depende o ente e que precisou que, por mor das denuncias, procedeuse a realizar un seguimento da cuestión con inspeccións nos meses de febreiro, marzo e abril.

Augas apunta que, ao constatarse "irregularidades", procedeuse a iniciar un expediente sancionador ao que as partes interesadas presentaron alegacións.

Sobre a mesa está, en consecuencia, unha proposta de resolución do expediente sancionador por vertedura non autorizada, pero as mesmas fontes precisaron que as partes interesadas poden, neste momento, presentar alegacións. Unha vez estudadas as que se rexistren, Augas procederá a resolver o expediente.

PROPOSTA DE SANCIÓN LEVE

Ecoloxistas en Acción fíxose eco do expediente nun comunicado no que a organización lamenta que, a pesar da "reincidencia" se lle impoña unha "sanción leve" sen ter en conta "o agravante da persistencia e a continuidade na conduta infractora".

Fontes de Ecoloxistas en Acción precisaron que a contía da sanción roldaría os 30.000 euros, que se verían rebaixados se a empresa acepta a infracción e efectúa o pago.

Vertedura dunha balsa da mina de Touro ao río Brandelos
Vertedura dunha balsa da mina de Touro ao río Brandelos | Fonte: Aldea Viva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta